Sitios de interese para visitar en Santiago de Compostela

A Praza de Abastos é un mercado tradicional no que poderá atopar produtos frescos e artesanais nun espazo histórico, cunha arquitectura única. Este espazo permitiralle desfrutar cos cinco sentidos das mellores especialidades galegas.

Máis información: http://www.mercadodeabastosdesantiago.com/.

Situados na Praza da Inmaculada e na Praza de San Martiño respectivamente, eríxense o mosteiro e a igrexa de San Martiño Pinario da man dos benedictinos como unha obra de arte barroca.

A Igrexa-museo dispón dun espazo con actividades culturais tales como exposicións ou concertos de orquestras sinfónicas, entre outros.

Máis información: https://www.espacioculturalsmpinario.com/.

A Praza da Quintana divídese en dúas partes: inferior e superior. A Quintana de Mortos ou parte inferior foi cemiterio ata o ano 1780 mentres que a parte superior, por contraposición, é a Quintana de Vivos.

Dende dita praza podemos apreciar a Casa da Parra, o Mosteiro de San Paio Antealtares ou a Torre da Berenguela, entre outros. A Casa da Parra é un ornamentado edificio que se caracteriza polas súas gárgolas e os seus racimos de uvas tallados en pedra. O Mosteiro de San Paio Antealtares, pola súa parte, foi fundado no século IX coa finalidade de dar culto e coidar o sepulcro do Apóstolo Santiago. A Torre da Berenguela construiuse para protexer a Catedral de Santiago e chama a atención o seu reloxo cunha única agulla, xa que as horas as marcan as súas campanas.

Máis información: http://www.santiagoturismo.com/rutas/a-praza-da-quintana.

O seu nome fai referencia aos talleres de orfebrería situados nos baixos dos soportais do claustro. Como parte central da praza, eríxese a Fonte dos Cabalos.

Nun lado podemos atopar o Museo das Peregrinacións, ubicado no edificio do antigo Banco de España e destacable pola súa adicación ao tema da peregrinación, ao camiño e á cidade de Compostela como meta. Ao fondo da praza, a Casa do Cabildo, caracterizada pola súa estrechez e o seu estilo barroco.

Máis información: http://www.santiagoturismo.com/rutas/a-praza-das-praterias.

A Praza do Obradoiro constitúese como centro monumental da cidade de Santiago de Compostela e como punto final do Camiño de Santiago para os peregríns. Ante ela, elévase a Catedral de Santiago.

A Catedral de Santiago foi consagrada no ano 1211 ante a presenza de Alfonso IX. Ao longo da súa historia foi variando a súa construcción de maneira que se poden apreciar diversos estilos: a súa fachada medieval, o seu claustro renacentista ou a capela maior barroca. No seu interior é tradición visitar a tumba de Santiago Apóstolo e abrazar a figura do mesmo.

A Praza do Obradoiro está delimitada por outros catro edificios de carácter monumental: o Pazo de Xelmírez, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Raxoi e o Colexio de San Xerome.

Máis información: http://www.santiagoturismo.com/rutas/praza-do-obradoiro.

O arzobispo Alonso de Fonseca ordenou a súa construcción no século XVI a partir da súa casa familiar como lugar pedagóxico. Destaca o seu estilo renacentista exterior mesturado co gótico no seu interior, ademáis do escudo da familia Fonseca. Actualmente acolle a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información: http://www.usc.es/es/info_xeral/visitaspatrimonio/.

Foi fundado por San Francisco de Asís pero da súa edificación orixinal apenas se conservan uns arcos góticos e o sepulcro de Cotolay. O actual templo data do século XVII e ten un estilo barroco. Destaca o monumento a San Francisco, o cal se erixe no atrio coma un enorme cruceiro esculpido.

Máis información: http://www.santiagoturismo.com/.

De estilo barroco e construída en sillería de granito, é a única porta que se conserva das sete que formaban a antiga muralla de Compostela. Era a vía de entrada ao núcleo urbán dos peregríns portugueses que facían o Camiño ata Santiago de Compostela.

Máis información: https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3556/arco-de-mazarelos?langId=es_ES&tp=9&ctre=41.

Parque urbán ubicado na antiga finca e cemiterio do convento dominico ao que se accede por un pasadizo entre o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo do Pobo Galego. A súa rehabilitación respeta a estrutura dos seus oríxenes: horta, robledal e cemiterio, en diversas alturas e coa auga como elemento presente en todo o seu percorrido. Ademáis, ofrece unha preciosa vista de Santiago dende unha das súas ladeiras máis altas.

Máis información: http://www.santiagoturismo.com/parques-e-xardins/parque-de-san-domingos-de-bonaval-7.

Naceu en 1976 co obxectivo de ser un espazo ao servizo da investigación, conservación, divulgación e defensa da cultura galega. Dispón dunha exposición permanente que reflexa as distintas facetas da cultura en Galicia.

Máis información: http://www.museodopobo.gal/web/index.php.

Reserva segura

Pode cancelar a reserva de xeito gratuíto ata un día antes da data de chegada.

.